Como cada ano por estas datas, chega ao colexio o apalpador para facer unha visita aos máis pequenos.
É unha figura lendaria, un señor gordecho e mangallón, algo desarrapado, de profesión carboeiro e un gran corazón.
O Apalpador no Nadal de Galicia, baixa das montañas cada Noiteboa e Noitevella para palpar as barrigas dos nenos e comprobar se comeron ben, déixalles un puñado de castañas e agasallos para desexarlles un ano de prosperidade e comida con estas palabras: “Así, así esteas todo o ano”.
