O xoves 10 de xaneiro, despois de varios adiamentos, os alumnos/ as de 2º e 3º ESO desprazáronse ao Paseo do Sequelo en Marín para participar no campionato Zonal de Campo a través na categoría Cadete. Os nosos atletas ademais de pasar un bo día realizando deporte ao aire libre, con alumnos/as doutros centros da comarca do Salnés e de Pontevedra, conseguiron moi bos resultados, podendo destacar un 1º Posto de David Garabán, de 3º ESO, en cadete masculino e un 2º posto de Sofía Piñeiro, de 3º ESO, en Cadete Feminino. Fotos