Como parte do noso proxecto para dinamizar a biblioteca, organizamos o noso II Concurso de Deletreo coa fin de promocionar o uso das linguas, exercitar a mente, desenrolar a lectoescritura e a ortografía así como facer da biblioteca un lugar divertido. Podemos estar orgullosos xa que este ano non só aumentou o número de participantes en todas as categorías senón que contamos coa colaboración de secretarios e xuíces voluntarios. Aproveitamos para dar a noraboa e as grazas a tódolos alumnos dispostos a axudar nas actividades que se desenrolan no Colexio xa que sen a súa axuda non poderíamos realízalas.

Nesta actividade participaron todos os cursos de primaria e secundaria polo que se desenrolou en tres categorías: 1º, 2º e 3º de primaria, concurso de deletreo en castelán; 4º, 5º e 6º, deletreo en galego; e os cursos de secundaria, deletreo en inglés.

Os gañadores son os seguintes:

Spelling bee champions
– Gabriel Fernández (3ºESO)
– María Padín (3º ESO)
– Julia Soutullo (3º ESO)

Campións de galego
– Lucía Martínez (4º EP)
– Pepe Dezagoire (5º EP)
– Judith Prieto (5º EP)

Campeones de castellano
– Sara Salomón (2º EP)
– Ariana Casado (3º EP)
– Jessica Hernández (2º EP)

Grazas e noraboa a tódolos alumnos participantes e axudantes polo voso esforzo, ganas, colaboración e dedicación xa que fixeron que todos disfrutáramos.