A titularidade do Colexio Abrente corresponde dende o ano 1986 a Adigna Sociedad Cooperativa Galega.
Somos unha asociación de profesores que nos unimos dun xeito voluntario para satisfacer as nosas necesidades económicas, sociais e culturais en común mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática.
Como cooperativa de traballo asociado a nosa principal actividade é o ensino regrado e o servizo de atención á primeira infancia e nenos desprotexidos.
Os órganos sociais da Cooperativa son os seguintes:
Asemblea Xeral :
Órgano Supremo da Cooperativa que ten o poder da mesma. Expresa a vontade de tódolos/as socios/as.
Consello Rector :
Órgano que xestiona e executa as decisións da Asemblea Xeral. Goberna e representa á Cooperativa fronte a terceiros. Os seus membros son escollidos pola Asemblea Xeral por un período de tres anos.
O Colexio Abrente caracterizase por estar levando a cabo constantes iniciativas empresariais que permiten contar con un incremento de recursos necesarios e imprescindibles para o desenrolo da nosa actividade, tales como a implantación de novas tecnoloxías na aula e material didáctico adecuado as distintas etapas.
Contamos con un equipo de profesores que fan posible a posta en marcha dun proxecto pedagóxico a través da súa continua formación e de participación en proxectos de investigación innovadores e actuais.
O noso centro réxese por un PEC que como punto de partida está baseado na tolerancia, a xustiza, a liberdade e a igualdade, elementos fundamentais que nos conducen ao desenrolo integral do alumnado a través de un plan estratéxico de resolución de conflitos coñecido e respectado por todos os membros da comunidade educativa.
A misión do Colexio Abrente consiste en favorecer o desenrolo integral de todo o alumnado e fomentar a participación da comunidade escolar nun Proxecto Educativo democrático, solidario e cooperador.
Isto significa desenvolver accións educativas nas que se potencia entre os alumnos a autonomía e o pensamento crítico e reflexivo, así como valores básicos que garantiren a liberdade e a capacidade de decidir. Todo isto a través dun equipo de profesionais que colabora co seu traballo na posta en marcha dun proxecto pedagóxico.
Pretendemos promover o sentimento de pertenza a unha comunidade escolar, na que o valor do respecto guíe a relación entre os seus membros e, desta maneira, espertar nos alumnos a autonomía crítica, o autocoñecemento, a liberdade interior e o diálogo racional sobre o mundo.