Como todos os anos e a partires do mes de outubro comezan as actividades extraescolares para os nenos e nenas que o desexen. Ditas actividades forman parte do currículo persoal do alumno cunha programación clara e funcional sometida a constantes análises e valoracións.

Un dos mellores servizos que prestan as actividades extraescolares é motivar e axudar aos alumnos e alumnas para que aprendan a planificar o seu tempo de ocio e a vivilo de xeito creativo.

Axudan a espertar inquietudes, a fomentar a creatividade e a desenvolver valores que incrementan a calidade educativa.



XIMNASIA RÍTMICA (EI, EP e ESO): Raquel Martínez Lorenzo

A ximnasia rítmica é un deporte dos máis creativos que deixa lugar a imaxinación, combina a expresión corporal e a plasticidade do arte, coas condicións físicas propias do deporte, como son a flexibilidade, a elasticidade, a potencia de salto, a forza, o equilibrio, a coordinación, a axilidade e o dinamismo. Encontrando nela a máxima expresión armónica corporal e a beleza do corpo en movemento.

INFORMÁTICA   (EP) Roberto Besada

As actividades extraescolares de informática caracterízanse polo seu alto contido pedagóxico, onde desenvolver a creatividade e o talento é un aspecto clave.
Polas súas características, presentan unha serie de compoñentes técnicos únicos, onde impartimos un coñecemento complexo adaptado de forma simple a cada un dos diferentes niveis pedagóxicos de forma divertida e didáctica.
Debido ás novas tecnoloxías, a actividade extraescolar de informática vai dirixida á abordaxe de ferramentas e valores que non se traballan normalmente e que son necesarios para os nenos e nenas: desde o uso dos computadores, o coñecemento avanzado das redes sociais, deseño e impresión en 3D, os alumnos pasaranllo xenial mentres aprenden ferramentas e valores que serán clave durante o seu posterior desenvolvemento.

actividades

CONVERSACIÓN INGLÉS/NATIVO   (4º,5º e 6º EP)

O Colexio Abrente fai unha aposta en pro dos idiomas estranxeiros co fin de mellorar a preparación dos nosos nenos fronte a unha sociedade que vai encamiñada a unha globalización. Con esta actividade o alumno/a adquirirá unha maior competencia das destrezas orais, e a transmisión da cultura e tradicións do pais de orixe do profesor nativo, o que pode resultar pedagoxicamente interesante e motivador para os alumnos/as.

AULA DE ALEMÁN (ESO, 5º Y 6º EP): Pablo Lores

Clases prácticas co obxecto de traballar as principais competencias, non só lingüísticas senón tamén matemáticas, novas tecnoloxías, etc;  tomando esta lingua estranxeira como principal ferramenta de traballo a través de xogos, diálogos e reproducións de accións cotiás.

KET,  PET e FCE: Fiona Torres Cannon.

Clases destinadas a preparar aos alumnos/as para os exames oficiais da Universidade de Cambridge recoñecidos a nivel internacional.

Corresponden, KET ao nivel preintermedio cun dominio básico de gramática inglesa e competencias comunicativas (nivel europeo A2 do Marco Europeo de Referencia Común das linguas), PET a un nivel intermedio cun dominio básico de gramática inglesa e competencias comunicativas (nivel europeo B1 do Marco Europeo de Referencia Común das linguas) e First nivel alto en competencia comunicativa e gramatical  (nivel europeo B2 do Marco Europeo de Referencia Común das linguas).

SCRAPBOOKING (3º,4º,5ºe 6º EP): Priscila Vidal Gallego.

Actividade dirixida a mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe, traballando os procesos psicolóxicos básicos: atención , memoria e percepción.

DANZA e BAILE MODERNO (EP,ESO): Francisco Vidal.

FUN WITH ENGLISH (EI e 1º,2º,3º EP)

MÚSICA e MOVEMENTO (E.I.): Basilio Ucha Camiña.