O pasado martes 30 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO desprazouse ata o concello de Silleda para facer unha visita guiada ó mosteiro de Carboeiro. Despois da comida, na área recreativa da Carixa, fixeron unha ruta a pé que rematou na fervenza do río Toxa. Foi un día moi agradable de coñecemento da arte románica e da contorna natural na comarca de Trasdeza.