DADO QUE AS PREVISIÓNS METEREOLÓXICAS ANUNCIAN ABUNDANTES CHUVIAS PARA ESTE VENRES, A CARREIRA QUEDA APRAZADA PARA O VENRES 24 DE MAIO.
 
DISCULPEN AS MOLESTIAS
 
Información e inscripcións 

Unha vez mais e por vixésimo  ano consecutivo celebraremos unha nova edición da «Carreira Escolar do Salnés». Nesta edición, celebrarase en Portonovo o vindeiro venres 10 de Maio de 2019 ás 11 horas da mañá.

Co paso dos anos, esta proba estase a converter nunha clásica do deporte da nosa bisbarra. Centos de rapaces xúntanse cada ano, para correr polas rúas da nosa vila, no que quere ser, ademais dunha proba deportiva, unha canle de achegamento e comunicación entre todos os participantes. Non queremos esquecer o carácter cultural da mesma e baixo o lema “En galego gañamos tod@s” pretendemos superar os 1000 participantes.

Queremos convidar ao teu colexio, asociación ou club a participar nesta XXVI edición. Nelas atoparás a información necesaria sobre a proba, referente ás categorías, percorridos, regulamento, data e lugar da inscrición. Se desexan algunha información mais sobre a proba, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Grazas anticipadas pola súa colaboración.