Neste trimestre continuamos pasándoo ben  e aprendendo cousas novas,  realizando un montón de actividades: preparamos unhas macetas con flores moi especiais para regalarlle ás nosas nais e avoas; realizamos un obradoiro de cociña; retomamos o proxecto da nosa árbore, vestíndoa con flores, bolboretas, casas de paxaros, … e tamén elaboramos un lapbook  sobre a vida de Antonio Fraguas, para conmemorar o día das Letras Galegas… todo feito por nós!! Pasámolo en grande!!