Neste trimestre quixemos facer unha especial mención á inclusión educativa. No noso centro contamos cun aula específica e queremos facer visibles todas as diferenzas que temos uns cos outros. Para iso contamos coa colaboración do alumnado de 1º da ESO encargados da presentación e guía deste programa e co alumnado de 4º da ESO, que fixeron excelente traballo de investigación.

Grazas a todos os voluntarios e voluntarias que sempre están dispostos a participar.