Coa fin de potenciar por unha banda a expresión escrita e por outra a artística e filosófica na nosa lingua propia, o EDL e o alumnado de 4° ESO veñen de instalar un mural-exposición sobre a arte poética dos «haikus». Logo de traballalo na aula, cada alumno/a realizou a súa creación, reunindo imaxe e texto a xeito de reflexión. A que presta o resultado?