Este mércores, 23 de outubro, os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída cultural a Santiago de Compostela

Pola maña participaron nunha visita ó Campus Sur de USC, á facultade de Química, onde visitaron os laboratorios de análise, e á facultade de Historia, participando  nunha charla no paraninfo de Universidade.

Pola tarde asistiron á proxección da película “Mientras dure la guerra” para poder coñecer de primeira man os acontecementos que desembocaron na guerra civil española a través da figura de don Miguel de Unamuno.