O pasado luns 21 o alumnado de quinto e sexto de primaria asistiu á obra teatral «Troya» en Pontevedra Afundación, destinada a concienciar sobre os riscos das descargas e estafas online.
De seguido, visitaron o Mosterio de San Xoan de Poio, Benedictino na época medieval, e actualmente ocupado por unha comunidade de mercedarios. Está considerado ben de interés cultural dende 1971.