A noite do 29 de outubro o alumnado de 5º xunto coa titora e as mestras de apoio e inglés, celebraron unha aterrecedora e divertida, xornada de convivencia nocturna para celebrar a festividade de orixe celta máis importante: o Samaín. A velada estivo cargada de emocións: comezando cunha tarefa de pistas e probas polo colexio, xogos como a “casa dos horrores”, “a arañeira”, “monstros fosforescentes”, “historia de terror”… fixeron desta noite unha experiencia inesquecible para cada un de nós.