Queríamos presentarvos o blog da biblioteca do centro. Este ano, nos propuxemos que estiverades ao tanto das actividades que realizamos para a dinamización da biblioteca escolar. Aproveitamos tamén para agradecer a colaboración do alumnado coas profesoras para poder levar a cabo as nosas propostas. En especial, desaxamos darlle as gracias ás alumnas de 4º da ESO Laura Jamardo, Desire Peón e Julia Soutullo polo deseño do blog. E as alumnas de 6º de EP Blanca Dezagoire e Judith Prieto, polo deseño do noso orixinal logo. Consideramos que a biblioteca dun centro debería estar viva e queremos compartir esta andaina con vós.