O pasado sábado, trasladámonos ao parque de Castrelos en Vigo, para disputar o “Campionato Provincial de Campo a través” organizado por  Xogade.

                No campionato zonal clasificáronse, para disputar o provincial, 23 nenos/ as de primaria e 5 de secundaria, e aínda que non todos puideron ir, os nenos/ as que foron, fixeron un gran papel a pesar de que corrían con clubs especializados. Foi unha xornada divertida, na que os nenos/ as gozaron do deporte ao aire libre e intercambiaron experiencias con outros atletas.