Este Venres, 7 de febreiro, realizamos a primeira saída do programa “ Aliméntate ben” cos alumnos de 2º e 3º ESO .
Baixo o lema “O sabor dá aventura está no mar”, realizaron unha saída para fomentar comida sa e hábitos de vida saudables.
Esta saída consistiu unha visita a lonxa de Portonovo, na que vivenciaron o funcionamento da lonxa, puxando pola mercadoría e ensinándolles a ler correctamente as etiquetas coa información dos produtos comprados en lonxa.
Ademais, coñeceron as diferente formas de pesca, o traballo das redeiras e o máis importante os beneficios dos diferentes peixes e produtos marítimos, como diferenciar o peixe azul do branco, os beneficios das algas…
Os menos/as desfrutaron dunha visita polo porto de Portonovo, onde puideron ver os distintos tipos de embarcacións e os aparellos que se empregan para a captura, para a continuación visitar a praza de Abastos onde nos explicaron as características e como diferenciar os diferentes produtos e finalizando cunha degustación mariñeira.