Este venres celebramos o entroido no Colexio Plurilingüe Abrente. O tema deste ano foi «Películas da nosa vida». É de agradecer a colaboración por parte de pais e nais, así como a implicación do alumnado e o traballo dos docentes. Acompañados por un día de bo tempo, celebramos o desfile polo centro de Portonovo e despois degustamos no comedor do centro os postres típicos

destas datas feitos polos pais e nais dos nosos alumnos.