O Día Internacional da Muller do 8 de marzo foi declarado polas Nacións Unidas en 1975 e recoñecido dous anos máis tarde como o Día da Muller e da Paz Internacional. Desde o centro conmemoramos este día a través dunha mesa redonda, na que contamos cás voces de docentes, directora, psicólogos e representantes do ANPA, que unha vez máis deron unha valiosa lección de feminismo ao noso alumnado.