Prezadas familias:

 

Desexamos e esperamos que todos vostedes e a súas familias se atopen ben de saúde. Remata o curso escolar 2019/2020 e imos a indicarlles que días son os que lles corresponde pasar polo centro a recoller as notas dos seus fillos/as.

 

O día 19 de xuño recollerán as notas os pais/nais dos alumnos/as de educación infantil.

O día 22 de xuño recollerán as notas os pais/nais dos alumnos/as de educación primaria.

O día 23 de xuño recollerán as notas os pais/nais dos alumnos/as de ESO.

 

Pregamos que asista unha soa persoa por alumno/a , provista de máscara, para a recollida das notas.

Cada mestre titor, vía correo electrónico, enviará información aos pais/nais do lugar e da hora de recollida das notas, xa que este ano farémolo de xeito graduado por mor da situación que está a acontecer.

Con respecto aos exames de setembro e a o inicio das clases do curso vindeiro (2020/2021) non podemos indicar datas, posto que aínda non saíu publicado o calendario escolar correspondente a ese curso académico. En canto saia informaremos mediante a web ou ben poden chamar por teléfono.

 

Reciban un cordial saúdo.

A dirección.