O SAMAÍN

 

CONCURSO DE DECORACIÓN DE CALACÚS E CABAZAS

 

  • Poderán participar todos os alumnos do colexio coa axuda dos seus pais ou familiares.
  • Os traballos presentaranse o mércores 28 de outubro antes das 17:30 hrs., cunha etiqueta co nome e curso do participante.NON SE RECOLLERÁN TRABALLOS FÓRA DE PRAZO.
  • Os traballos finalistas estarán expostos no porche do Colexio o mércores 28,  xoves 29 e venres 30 .

 

HABERÁ PREMIOS PARA OS GAÑADORES

 

O venres 30 deben retirar os traballos  da exposición

 antes das 15:00 hrs. OS QUE NON SEXAN RECOLLIDOS TIRARANSE AO LIXO.

O xurado está formado polo Equipo de  Dinamización Lingüística do colexio.

Organiza:  Equipo de Dinamización  Lingüística do Colexio Abrente.

¡Participa!

 

  Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán e principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ó 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e celebrar as farradas festeiras dos guerreiros e formular os conxuros sagrados. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas. 

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns ou cabazas. Tradición que se estendeu por toda a antiga xeografía céltica europea e atlántica, e que ,máis tarde, derivaría en Norteamérica na forma do actual Halloween. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando este ritual en ningunha das súas bisbarras, aínda que dándolles nomes diferentes ós elementos decorativos: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense…