Os alumnos e alumnas da ESO participaron no Día Internacional do Libro realizando diferentes actividades a través do Departamento de Linguas Oficiais e da biblioteca do centro. Unha destas actividades foi a elaboración de lombos de libros coñecidos ou daqueles que máis lles gustaron, desde clásicos a novelas xuvenís. 

Tamén os alumnos de Educación Infantil fixeron un bonito debuxo do seu conto favorito. Quedaron moi chulos, porque non hai nada que nos guste máis que unha boa historia, contada, lida ou inventada.