Estimadas nais e pais:

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Centro, comunicámosvos que mañá venres 14 de maio ás 12:30h. imos pór en marcha o proxecto ilusionante da NOVA RADIO ABRENTE. 
Este primeiro programa xirará ao redor da figura da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano: Xela Arias. 
Por el pasarán alumnos e alumnas de todas as etapas educativas do Colexio coa intención de entreter, informar, dar a coñecer as nosas escritoras e escritores, os nosos costumes e, en definitiva, divulgar a nosa cultura.
Esta nova etapa ten como novidade que se poderá seguir en directo tanto o audio como a retrasmisión das súas imaxes a través do enlace https://colexioabrente.com/radioabrente

Esperamos que sexa do voso agrado e o desfrutedes.

Un saúdo

Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio Abrente