Primeira saída do ano!

Hoxe, luns 7 de xuño, os alumnos de 6º  EP trasladáronse ao campo de golf de Meis para gozar dunhas xornadas introducidas no Plan Xogade e organizadas polo Servicio de deportes da Xunta de Galicia.

Os nenos pasárono xenial, xogando ao golf e experimentando diferente golpes, gozando dos beneficios da actividade física o aire libre. Tivemos a visita de Daniel Arosa, concelleiro de deportes de Sanxenxo e ex-alumno do colexio que se animou a xogar connosco e compartiu experiencias cos rapaces.

Finalizamos a saída cunha visita ao bosque das  Sequoias, onde tomaron unha merenda ben merecida.

Nas fotos podedes ver que non pararon.