PROXECTO DA MATERIA «INICIATIVA EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL» DE 4º ESO

Dentro das actividades que realizamos este ano na materia, iniciamos o curso cun pequeno proxecto de investimento en Bolsa. Deste xeito, os alumnos coñecerán de primeira man como funciona o mundo das finanzas e adquirirán unha mínima experiencia para recoñecer o verdadeiro valor dos investimentos, os perigos de investir sen coñecementos e como se poden converter os aforros nunha fonte de ingresos pasivos.
Cada alumno recibiu 100.000€ virtuais e, tras realizar un pequeno estudo de mercado en clase, podía investilos seguindo un patrón determinado: unha materia prima (ouro, prata, millo…), unha empresa española do Ibex 35 (Inditex, Iberdrola, Banco Santander…), dúas empresas de carácter mundial ( Apple, Microsoft, Alibaba…) e, por último, unha moeda virtual ( Bitcoin, Ethereum, Cardano…)
Hai que dicir que os resultados da primeira semana foron bastante sorprendentes, pero esta é unha carreira de fondo e iremos vendo como evolucionan as súas contas.