O noso mestre de Música, Basilio Camiña, deu esta semana unhas charlas aos alumnos e alumnas da ESO contando as súas experiencias como voluntario en países como Brasil, Uganda e India, baixo o proxecto «Coa música a outra parte». Unha iniciativa que levou a zonas necesitadas destes países toda a axuda que puido, ademais da ilusión da música como ferramenta solidaria.