Este xoves celebrouse o festival de primaveira da extraescolar de ximnasia rítmica.

Con moita ilusión e ganas, participaron desde as máis pequenas de infantil ata as veteranas de competición, dando un espectáculo no que se mezclaron distintos tipos de música para chegar a un número final cheo de colorido e algunha que outra sorpresa.

Agradecer aos pais e nais a súa asistencia, así como a todas as ximnastas e ás monitoras o seu esforzo e dedicación.