Este vernes tivo lugar no colexio unha charla sobre a prevención no consumo de alcol e drogas ao volante dirixida ao alumnado do segundo ciclo da ESO (3º e 4º). Gracias ao RACE puideron asistir a esta charla baixo o título de «Pon a cero tu consumo al volante» na que aprenderon sobre os efectos nocivos do consumo destas sustancias manexando calquer tipo de vehículo e as consecuencias que este consumo pode chegar a ter para a súa saúde.  

Na charla tamén se organizou un debate que fixo que os nosos alumnos e alumnas analizasen, dun xeito máis obxectivo e crítico, este tema tan de actualidade.