O pasado martes, 17 de maio, trasladámonos ao Colexio San Narciso de Marín para participar no torneo In Mare cos nosos equipos de Infantil e Benxamín. O primeiro  (formado por Aroa, Ariana, Lucía, María, Nora e Paula) tivo unha fantástica actuación. Pola súa parte, o equipo benxamín (formado por Naiara, Lía, Carlota e Lola) conseguíu subir ao tercerio posto do podio tras uhna impresionante demostración de garra, forza e estilo. Destacar tamén a actuación da ximnasta Irene Vieites no plano individual.