Entramos na semana máis significativa da nosa Cultura, por iso dende o EDL do Centro intensificamos as actividades para por en valor o noso Idioma e a nosa Cultura.

Estes días visitounos a contacontos Sabela, que nos fixo gozar coa posta en escena da representación “MARTÍN E O LAPIS MÁXICO”. Grazas ao seu bo facer puidemos deixar voar o maxín e desfrutar coas súas historias. Pasámolo estupendamente!!