Hoxe en 3° ESO desfrutaron moito con este escape room de sostenibilidade mediante os ODS!

Que son os ODS?

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible foi asinada no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas e representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade, a paz e as alianzas, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás.

O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sostible que ten que ser alcanzado antes do ano 2030.