O pasado xoves máis de 150 alumnos/as do colexio trasladáronse ao piñeiral de Montalvo para participar non Campionato Zonal de Campo a Tráves Val do Salnés, incluída dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

No evento participaron preto de 1500 escolares de 16 colexios e institutos da comarca do Salnés, participando por cursos desde 2ºde primaria ata 3º da ESO, cursos pertencentes ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, con percorridos que ían desde os 450 metros que corrían os máis pequenos a 1800 metros que corrían os maiores, neste formato de eventos podemos ver que «o que quere, pode», que todos os escolares poden ter acceso á práctica deportiva sen discriminación.

Os nosos alumnos gozaron dun día de deporte en convivencia con outros centros da comarca, nun evento enmarcado no Programa Xogade e cuxo obxectivo é a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen deixar de lado o importante compoñente social e o de rendemento.

E como non podía ser menos, os nosos alumnos dérono todo, estamos orgullosos da gran participación do noso alumnado, desde o colexio, dámosvos o parabén a todos e cada un dos participantes!

Aquí deixámosvos algunhas fotos, vídeos e os resultados do Campo a través.