Hoxe celebramos no noso colexio o Día da Paz e a Non Violencia de forma anticipada. Xuntámonos todos (profesores, alumnado e familias) no patio do colexio. Para conmemorar este día plantamos tres oliveiras seguindo o exemplo de Wangari Maathai, unha muller africana cuxo incansable esforzo, un que dedicou ao planeta e a súa conservación, pero tamén aos dereitos das mulleres, converteríana na primeira muller africana en gañar o Premio Nobel da Paz, en 2004, pola súa “contribución ao desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz”.

Desde a súa comunidade rural kenyana, Maathai creceu nun país explotado polo colonialismo británico, época na que se terminou enorme cantidade de áreas arborizadas para sementar té. O traballo realizado por Wangari Maathai e o Green Belt Movement (Movemento Cinto Verde) culminou na plantación de ao redor de 30 millóns de árbores, e empoderó a miles de mulleres africanas, converténdoas en axentes do cambio. Maathai foi unha pioneira ao mostrar un novo camiño para a humanidade enteira, un no que a igualdade e a sustentabilidade atopáronse, un no que o papel das árbores, ao fin, tivo o lugar que lle corresponde.

Para conmemorar