Esta semana participamos nas primeiras Xornadas Multideportivas do ano, recollidas dentro do Progama Xogade. O martes tocoulle a quenda a 3º de Ed. Primaria que se trasladou ao CEIP Conminiño do Grove para realizar a primeira xornada de convivencia deportiva da tempada; o mércores tocoulle a quenda aos alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria e, esta vez, foi o CEIP Viñagrande o colexio que se trasladou ao Abrente para gozar dunha mañá de deportes no que xogamos ao xadrez, ao bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol e dachball. Os nenos/as pasárono en grande, gozaron dunha mañá de xogos en convivencia cos nenos doutros centros.