Os alumnos de Educación Infantil, xunto co departamento da Biblioteca do colexio, puxemos a andar a actividade “LEME UN CONTO”, pensada para que os papás, mamás, avós, avoas…, veñan a pasar uns momentos moi agradables ao redor da lectura dun conto.

Está sendo unha actividade de gran ledicia para os nenos e nenas do noso centro, por iso animámosvos a seguir participando.