“Ti si que es un bo peixe” este é o nome do Obradoiro do Plan Proxecta – «Aliméntate ben» que fixeron os alumnos de 1º e 2ºESO, onde aprenderon a coñecer e diferenciar as distintas especies de peixes e mariscos que captura a frota galega e as súas propiedades nutricionais.
Impulsando o consumo de peixes e mariscos entre os rapaces para ter unha alimentación saudable.
Esta campaña busca tamén enxalzar a pesca como unha actividade sostible, así como o importante labor que realizan os profesionais do mar para subministrar produtos da máxima calidade á cidadanía.