Hoxe os rapaces e rapazas de 2° de ESO recibiron a visita de Andrea Maceiras, autora do libro «O que sei do silencio» que estiveron a ler durante o primeiro trimestre. Contoulles un conto e mantiveron unha conversa moi agradable sobre o libro e os temas que nel se tratan. Moitas grazas, Andrea, pola túa visita.