Este pasado venres montouse no noso centro a exposición «Á violencia de xénero dille non!», unha mostra gráfica ilustrada dirixida especialmente á mocidade coa que axudar a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas nas súas relacións afectivas. A mostra forma parte das actividades contra a violencia de xénero organizadas polo concello de Sanxenxo e na que se recollen os típicos tópicos sobre o tema na sociedade actual e o efecto que as novas tecnoloxías teñen nel.