Este pasado xoves,  os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO asistiron a unha charla con Víctor Rivas, un coñecido ilustrador galego, quen lles explicou a importancia, non só do talento, senón do traballo e a perseveranza. Coñeceron as distintas técnicas de debuxo e como, con paixón e traballo diario pódense alcanzar os soños de mocidade.

Víctor Rivas naceu en Pontevedra en 1965. Dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual desde 1989. Desde hai algúns anos traballa tamén para outros países a través dunha axencia de Nova York. Atópase cómodo en contornas dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que prefire os mundos fantásticos e a estética victoriana. En Anaya ilustrou «Escarlatina, a cociñeira cadáver», «Esmeraldina, a pequena pantasma» e «Apestoso tío Muffin».