Este pasado martes, 13 de xuño, volvemos a retomar un acto que, por culpa do COVID, non se puido celebrar os últimos anos. Trátase do Festival de Teatro de Ed. Infantil no que se representaron obras dos tres cursos que integran esta etapa. Os nenos pasárono de marabilla e foi unha tarde moi divertida. Aquí hai moitos alumnos e alumnas con madeira de comediante. Grazas ás familias por acompañarnos neste día tan sinalado.