O pasado venres, 16 de xuño,  levouse a cabo unha emotiva cerimonia de graduación para os alumnos de 4º ESO e o cambio de etapa para os de 6º de Educación Primaria. Familiares, amigos e profesores uníronse para honrar aos graduados e brindarlles o seu apoio nesta importante transición académica. A cerimonia comezou coa entrega dos distintos premios e mencións a alumnos e alumnas de todos os niveis educativos e culminou co acceso dos protagonistas da xornada para recibir os seus diplomas e recoñecementos, mentres o aplauso ecoaba na sala e podíase observar a emoción nos seus rostros. Os discursos de agradecemento dos estudantes cara ás súas familias e profesores crearon momentos conmovedores.  A celebración culminou con despedidas emocionantes entre os graduados , marcando o final dunha etapa e o inicio de novas oportunidades. Felicitacións a todos por este importante paso na súa educación.