Como cada ano, celebramos no colexio Abrente o Christmas Market. Os nenos e nenas de Ed. Primaria e a ESO doaron os seus xoguetes e libros para recadar fondos cun fin solidario. Nesta ocasión, o diñeiro recadado foi destinado a Down Pontevedra “Xuntos” que é unha asociación de nais, pais e familiares que traballa pola inclusión dás persoas coa Síndrome de Down. Houbo, ademais, xogos, un castelo inchable, unha sección de maquillaxe e a ANPA do colexio trouxo unha Food truck para repartir chocolate e doces.
Queremos agradecer a todos os que participaron e colaboraron con este evento: alumnos e alumnas, familias e profesorado.
Desexarvos a todos un feliz aninovo e que o 2024 veña cheo de alegría e saúde.