O pasado sábado, 24 de febreiro, asistimos ao Encontro Sectorial do Ensino celebrado nas instalacions do Colexio Guillerme Brown  de Pereiro de Aguiar (Ourense).  Nesta xuntanza tratáronse entre outros temas:

– Presentar o Programa Itinerario de Intercooperación 2022
– Compartir entre as cooperativas asistentes cal e a situación actual en relación á aplicación da LOMLOE en Galicia, así como as novidades, datas de referencia e fitos a destacar no desenvolvemento da normativa, de cara a que os centros cooperativos de ensino teñan unhas liñas directrices á hora de traballar na súa organización interna.
– Coñecer o modelo de traballo que se está a seguir en Adigna S. Coop. Galega, de cara a establecer a posibilidade de transferencia de coñecementos, técnicas e metodoloxías de xestión dende esta entidade cara ao colectivo e do resto de participantes entre si.
– Xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posíbeis accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes.