*XIII Festival de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente*
O pasado fin de semana celebrouse o XIII Festival de Ximnasia Rítmica no Colexio Abrente, un evento que reuniu a máis de 100 ximnastas de diferentes escolas e clubs da zona. A cita contou coa participación de deportistas dos clubs Los Sauces, Club Treboada, Rítmica Agarimo, Club Arnela e, por suposto, do Colexio Abrente.
Durante a xornada, un total de 29 actuacións de diferentes niveis pasaron polo tapiz, demostrando o traballo e dedicación das gimnastas que se prepararon durante meses para ofrecer un espectáculo cheo de técnica, ritmo e beleza.
O festival, serviu tamén como punto de encontro para as familias e afeccionados á ximnasia rítmica, que puideron gozar dun ambiente festivo e de gran deportividade.