O Equipo de Dinamización Lingüística está constituido por profesores representantes de todas as etapas educativas, dende E. Infantil ata a E.S.O., nace coa pretensión de frear a perda continua de galegofalantes que ten lugar no Centro, tentando aportar un gran de area para reverter esta situación.
Pretendemos centrar o noso traballo facendo fincapé nos seguintes obxectivos:
- Realizar actividades de promoción da lingua e a cultura galega con organismos, entidades, colexios e asociacións da contorna do Centro.
- Implicar e entusiasmar ao profesorado na realización e organización de eventos e actividades de promoción da nosa lingua e cultura.
- Recuperar os xogos, festas e tradicións na que participe toda a comunicade educativa.
- Normalizar o idioma a través do seu uso en calquera ámbito da vida escolar e mediante a realización de actividades específicas.
- Promocionar a literatura galega con distintas actividades culturais, recreativas, etc.
- Utilizar as novas tecnoloxías como instrumento dinamizados da lingua e da cultura.
Coa pretensión de conquerir os nosos obxectivos, programaremos unha serie de actividades que desenrolaremos ao longo deste curso e das cales iremos dando conta a toda a comunidade educativa.