O proxecto “Dinamización de patios” créase desde o Departamento de Orientación ante a necesidade de mellorar as relacións entre o alumnado do centro, nun espazo onde se produce, nalgunhas ocasión, situacións de conflito: o recreo. O alumnado é o principal protagonista; por unha parte o alumnado de Educación Primaria ao que vai dirixida a actividade, e por outra o alumnado da ESO que actúa como mediadores e coordinadores da actividade, sendo voluntarios da mesma.

Estamos moi contentos de poder compartir os avances na mellora da convivencia e da xestión pacífica dos conflitos. Así como de mellorar a responsabilidade e compromiso do alumando voluntario.