Logo de iniciárense nuns talleres previos de regueifa, o pasado xoves 11 de abril o alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ó auditorio Emilia Pardo Bazán para asistir á demostración do taller municipal de regueifa tradicional, no que participaron alumnos/as dos tres centros de ensino secundario do concello. Mención especial merecen Noel e Joel, de 2° de ESO, que foron os nosos representantes regueifeiros.Deste certame saíron verdadeiros/as especialistas locais nesta arte popular de improvisación oral e a xornada convertiuse nunha celebración da nosa lingua e cultura propias entre a xente nova.Desde o EDL do colexio, agradecemos ó concello a organización deste evento e ós monitores, Lupe e Josiño, o seu motivador traballo.