Chega o fin de curso e con el, o xa tradicional festival de fin de curso de ximnasia rítmica, que este ano tivo unha bonita novidade, os nenos da extraescolar de Karate fixéronnos unha mostra das súas habilidades  karatecas.

O festival comezou coas máis pequenas que nos mostraron dozura, simpatía e bo facer na súa coreografía, seguido dos nosos equipos de competición poñendo profesionalidade e bo facer tanto técnico como expresivo,  e os ximnastas de exhibición coa súa simpatía e  un traballo ben feito, seguido dos nosos  karatecas que nos mostraron diferentes patadas, katas e chaves aprendidas durante o curso, para terminar cunha exhibición na que todas as nenas de competición fusionáronse para dar vida ao conto de  Aladdin.

Un festival cheo de aplausos, risas e cor, cos rapaces felices e ilusionados e un  gran público entregado.