Este martes, 22 de xuño, o alumnado da ESO, con motivo do peche de curso, realizou unha saída á illa de Ons. Pasamos a mañá facendo sendeirismo con guías que nos ían explicando a historia da illa e logo, aproveitando o espléndido día que houbo, fomos á praia. Fun unha xornada moi divertida.

Grazas a todos e todas pola súa participación e vémonos o curso que vén.