Esta semana, o alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade promocionada polo CIM do Concello de Sanxenxo relacionada co papel da muller no mundo científico. Así, puideron experimentar de primeira mano a elaboración de sinxelas, pero útiles reaccións químicas usadas a diario. Foi  unha xornada divertida e moi instructiva para eles.