Os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO visitaron este xoves o centro de tratamento de residuos de Sogama. Alí participaron nunha charla informativa sobre a importancia da reciclaxe e os distintos métodos aplicados, así como nunha experiencia inmersiva en 360* con gafas de realidade aumentada e videoxogos relacionados coa reciclaxe.